Sunday 05 de May de 2024

O Concello de Bergondo esperta inundado duns enigmáticos códigos QR


Esta mañá o alumnado do CPI Cruz do Sar sorprendíanse ante a colocación dun enorme código QR na fachada do edificio cultural A Senra, moi preto do centro educativo. O mesmo sucedía en diversas rotondas do Concello e na fachada doutros edificios emblemáticos.

O QR, de gran formato, tan so vai acompañado dunha url: noncoñecesoteupobo.org. Cando escaneamos o QR ou entramos na web, acedemos a unha conta atrás de 6 días que nos conduce ata o próximo mércores 22 de marzo. Tamén podemos ver unha fotografía dun elemento liquido que podería ser auga. Unha pista quizais? Os máis perspicaces xa se decatarían de que o próximo 22 de marzo coincide ademáis co Día Mundial da Auga. Simple casualidade?

Será unha conta atrás cara o final do mundo? A chegada da primavera? Estas foron algunhas das preguntas dos sorprendidos mozos e mozas que esta mañá escaneaban o código. Para a resposta final deberemos agardar, no momento que se escriben estas liñas, exactamente 6 días 18h horas, 49 minutos e 20 segundos